Saltar ao contido
Portada » Intentaron enterrarnos pero non sabían que eramos sementes

Intentaron enterrarnos pero non sabían que eramos sementes

O bar Tinta Negra, en Vigo, convidoume a participar nunha mostra colectiva de artistas en apoio a Palestina. Decidín levar unha das miñas frases favoritas:

“Intentaron enterrarnos, pero non sabían que eramos sementes”

Pinteina nunha das súas ventás cunha gran sandía florecendo, símbolo de resistencia e de vida. Foi unha experiencia moi especial: compartir espazo e causa con outras persoas creadoras, e sentir que a arte tamén pode ser unha forma de protesta.

Grazas a Tinta Negra pola invitación e pola súa valentía ao dar voz a proxectos con sentido.
Free Palestine.

#FreePalestine