Deseño vibrante en tons fucsia e amarelo que combina garra e retranca.
Camiseta 100 % algodón.
Tigre
€25.00
“Que lle fai unha mancha máis ao tigre?”
Din que é un dito, pero para nós é unha invitación:
a arriscar, a non pedirlle permiso ao medo,
a mancharse, a deixar de buscar a perfección e
tirarse á vartola dunha vez por todas.
Esta camiseta non vai de tigres. Vai de ti,
de todas esas veces que pensaches “que máis dá”,
e fixeches exactamente o que che petaba.
Camiseta 100% algodón, feita con retranca, para levar con actitude.
